Un obradoiro na Coruña anima a ler teatro

A Biblioteca Provincial acolle a segunda xeira desta iniciativa que coordina Roberto Pascual

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Coa intención de fomentar a lectura de textos escénicos en galego, a Deputación de Coruña promove, ao abeiro do Premio Rafael Dieste, o obradoiro Ler teatro: Obradoiro para novas experiencias lectoras. O director artístico Roberto Pascual coordina esta iniciativa que se desenvolve na Biblioteca Provincial deste este 18 de setembro e ata o vindeiro 9 de outubro, artellado en catro sesións.

O programa conta coa participación das actrices Lidia Veiga, Melania Cruz, Marta Lado e Cris Iglesias. Ademais, a última sesión estará dedicada á obra de Manuel Lourenzo, falecido o pasado mes de agosto e recoñecido unanimemente como un dos grandes nomes da escena galega que obtivo o premio Rafael Dieste en dúas ocasións.

Ao longo das restantes sesións coñeceranse os textos teatrais dos tempos de Dieste, os xeitos nos que enfrontar a lectura de diferentes estilos de escrita dramática e farase un achegamento ás obras gañadoras dos Premios Rafael Dieste. A inscrición á iniciativa, de balde, abre este 8 de setembro para un máximo de 25 persoas. A primeira xeira deste encontro desenvolvérase en 2023.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Teatro, Roberto Pascual, A Coruña...