Un menhir corre perigo de desaparición ao estar ao borde dun noiro das obras da estrada de circunvalación de marín

Un menhir con vertixe

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Os veciños do lugar de Currás, en Marín, avisaron ao Concello do grave risco que corre o menhir que os arqueólogos localizaron na parroquia durante a prospección arqueolóxica levada a cabo antes de comezar as obras da estrada de circunvalación. A Dirección Xeral de Patrimonio decidira o desprazamento cunha grúa do menhir, de 9.500 quilos, cara un terreo próximo ao estimar a súa importancia: o número de monumentos megalíticos deste tipo catalogados en Galicia é mínimo e pensouse nunha futura posta en valor. Mais as obras da estrada continuaron avanzando e agora mesmo o menhir atópase ao borde da escavación da estrada cun alto perigo de caerse e rachar. Xunto ao emprazamento orixinal do menhir realizouse unha cata arqueolóxica que encontrou cerámica, fragmentos dun muíño de man e diferentes ferramentas feitas con cuarzo, o cal documenta por primeira vez a relación entre os menhires e a vida cotiá na prehistoria galega. Patrimonio comprometeuse a enviar inspectores ao depósito.

Máis información na edición de hoxe do Diario de Pontevedra

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marín, Prehistoria, Diario de Pontevedra, Dirección Xeral de Patrimonio