O Diario Oficial de Galicia publica este 4 de xullo o decreto que declara a Rapa das Bestas de Sabucedo como Ben de Interese Cultural de carácter inmaterial. O expediente, que non recibiu ningunha alegación en contra, mantén os mesmos contidos do momento da súa incoación.
O texto recolle que "a rapa dos animais supón a escenificación entre os denominados aloitadores e as bestas que require experiencia e valor, á vez que transmite unha espectacularidade que fai que, a dÃa de hoxe, adquirise unha notoriedade que esperta interese e presenza nos medios de comunicación galegos, españois e internacionais, asà como unha gran concorrencia nesta aldea, que non supera os 60 habitantes durante o resto do ano".
A declaración chega o mesmo dÃa en que comezan as actividades desta celebración tradicional na Estrada. Ata o vindeiro 7 de xullo sucederanse na localidade os encerros dos cabalos de monte ademais de concertos a cargo de bandas como Os d'Abaixo, Ruxe Ruxe, Os Carunchos, Tequexetéldere o Zeltia Irevire entre outras actividades.