Catro novos lanzamentos reafirman a aposta de Rinoceronte Editora pola BD

Píldoras azuis, Guerra en Gaza ou Ghost World fan parte das novidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Catro novos lanzamentos reafirman a aposta de Rinoceronte Editora pola BD

Rinoceronte Editora continúa a súa aposta pola tradución de BD ao galego e lanza catro novas propostas para diferentes públicos. Tres novelas gráficas de éxito internacional compoñen as últimas publicacións da casa matriz, mentres no selo Sushi Books ve a luz Hilda e Twig resgárdanse da chuvia, de Luke Pearson, para público infantil.

Nos tres títulos para lectores de máis idade insírese Pílulas azuis de Frederik Peeters, a historia do autor e da relación que mantén coa súa parella seropositiva. A obra, que obtivo un importante recoñecemento internacional desde a súa publicación orixinal en 2001, conta con 208 páxinas a branco e negro.

Ghost World, a aclamada obra de Daniel Clowes que xa foi levada ao cinema, é outra das apostas da editora para esta temporada. Referente da BD independente desde os anos noventa, o cómic narra o día a día de dúas rapazas e a súa transición á madurez.

A editora presenta tamén na nosa lingua o último traballo do xornalista e debuxante Joe Sacco sobre o conflito palestino-israelí. Guerra en Gaza, publicada orixinalmente en 2024, achégase á actualidade deste escenario a realiza "unha crítica inflexible ao xenocidio israelí e á complicidade do presidente Joe Biden" en 36 páxinas.

Que che parece esta nova?
175 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rinoceronte Editora, Guerra, Tradución, Cómic...

Claves