Rinoceronte Editora lanza a novela gráfica O bosque dos raposos aforcados

Figurandorecuerdos continúa a publicación de obras de Troubs con O senhor tartaruga

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Rinoceronte Editora lanza a novela gráfica O bosque dos raposos aforcados

Xa está dispoñible en galego a adaptación a banda deseñada que Nicolas Dumontheuil realizou de O bosque dos raposos aforcados. Rinoceronte Editora acaba de lanzar esta versión en cómic da recoñecida novela do finlandés Arto Paasilinna, con tradución de Sergio Gómez Blanco.

As estrafalarias aventuras de Oiva Juntunen cando foxe a Laponia co botín dun roubo protagonizan esta historia que conta cun total de 144 páxinas. A libraría compostelá Couceiro acolle este 30 de xuño un acto de presentación da obra ás 19:30 horas coa presenza do editor e do tradutor.

Pola súa banda, Figurandorecuerdos Edicións continúa a súa aposta polo autor francés de BD Troubs. Con tradución de Rosa Espiñeira Pan, chega ás tendas O senhor tartaruga, a pequena historia dun sapoconcho narcoléptico que emprende unha viaxe.

En paralelo, unha nova firma dedicada á autoedición de BD en galego, Baixo Terra está a procurar colaboracións para os seus primeiros proxectos. Unha revista semestral de historias curtas chamada Croio e mais un volume monográfico sobre o futbolín, co título Tralla brava aparecen como os seus primeiros lanzamentos.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rinoceronte Editora, Tradución, Cómic, Banda deseñada