Nigrán homenaxea a Alfonso Álvarez Cáccamo

O primeiro memorial na honra do escritor celébrase entre o 25 e o 28 de xuño

23/6/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
55 lecturas | Compartido 0 veces

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle, entre os días 25 e 28 de xuño, as actividades do I Memorial Alfonso A. Cáccamo. O escritor, docente e veciño da localidade durante anos, protagoniza o encontro pouco tempo despois do primeiro aniversario do seu pasamento. A iniciativa inclúe a exposición As querencias de Alfonso na que se poden ver libros, fotografías ou obxectos persoais do homenaxeado.
Canda a isto, unha mesa redonda con Manuel Forcadela, Gonzalo Navaza, Marga do Val, Xavier Queipo, Xosé Cid Cabido e Marta Dacosta repasará o seu labor literario na primeira xornada deste encontro. Para o día 26, Xosé María Álvarez Cáccamo impartirá a palestra Os mundos de Alfonso, mentres o venres 27 Pepe Carreiro, Xosé Lois González, Lola Vázquez e Antón Mascato abordarán o aspecto humorístico do homenaxeado.

As xornadas finalizarán o día 28 con intervencións de amizades e familia do autor. A actividade está organizada polo Concello de Nigrán.

Universo culturagalega.gal

04/04/2012

Os obxectos que soñan

O Auditorio de Galicia amosa ata o vindeiro 24 de xuño as fotografías de Chema Madoz