O IKFEM concentra o programa da súa 13ª edición en catro días

James Rhodes ou Fillas de Cassandra están entre os concertos do evento transfronteirizo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O IKFEM concentra o programa da súa 13ª edición en catro días

O IKFEM Festival Tui - Valença celebrará a súa 13ª edición do 16 ao 20 de xullo, consolidándose como unha referencia nos encontros culturais transfronteirizos en Europa. O festival, que ten na música de piano e órgano a súa motivación orixinal, comprende arestora unha gran variedade de propostas sonoras, unindo tradición e vangarda cunha programación sorprendente e diversa a través de concertos, encontros profesionais e actividades para todos os públicos, enchendo os espazos máis emblemáticos a ambas marxes do río Miño.

O programa dará comezo cunha gala que unirá á formación CaixaSon, Antonio Orozco e Rita Rocha na Fortaleza de Valença. O mesmo espazo acollerá ao día seguinte a actuación da lusa Milhanas coa colaboración especial de Fillas de Cassandra. Cruzando o río, ao día seguinte o pianista James Rhodes, dará un dos concertos máis agardados, na Alameda de Tui. O festival pecharase o día 20, na Fortaleza de Valença a cargo de Perico Sambeat & Orquesta Jazz Matosinhos, co espectáculo Boreal. No medio tamén terá lugar o Concurso Novas Ondas Sonoras, no que se buscan os novos valores musicais de ambos países e ao que aínda están aberta as inscricións. Tamén haberá un espectáculo de Rock en familia na Alameda de Tui. Cursos e encontros completan o programa, que xa está dispoñible na web do evento.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fillas de Cassandra, Tui, Europa, Miño...

Claves

Lugares