O artista luso Salvador Sobral e o español Marco Mezquida será os encargados de abrir unha nova edición do IKFEM, o festival que une as localidades de Tui e Valença do Minho culturalmente e que volve presentar un extenso programa de actividades que fan del unha das mellores propostas culturais transfronteirizas do momento. Esta 12ª edición dará comezo o vindeiro 17 de xullo con estes dous protagonistas de excepción que prepararon para a ocasión o concerto "Cosa de Dios" que executarán na Fortaleza de Valença ás 22:30 hora española, dese xeito arrancará unha semana intensa con seis concertos a ambos lados do rÃo amosando diversidade de estilos e orixes. AsÃ, a Catedral de Tui, a Fortaleza de Valença, parques, prazas e igrexas e mesmo a ponte que une as dúas cidades e paÃses convértense nos escenarios que acollen a oferta cultural do IKFEM. O programa completo a desenvolver entre o 17 e o 21 de xullo deuse a coñecer o pasado dÃa 30 de maio na Cidade da Cultura de Galicia. O IKFEM, que naceu moi vencellado á música de instrumentos de tecla, foi fundado pola pianista e xestora cultural, Andrea González, a través das asociacións Xuventudes Musical Eixo Atlántico (Galicia) e Juventude Musical Eixo Atlântico (Portugal).
O programa musical inclúe as actuacións de figuras e formacións de gran recoñecemento a ambos lados da Raia. Un diálogo entre pianos a cargo do portugués Mário Laginha e o español Chano DomÃnguez, representantes por antonomasia da xeración máis internacional do jazz de España e Portugal, terá lugar na Alameda de Tui o 20 de xullo. Antes diso, o 18 de xullo a Igrexa de San Domingo en Tui, acollerá o concerto 'Conexiones Atlánticas' da soprano MarÃa Hinojosa Montenegro e o trÃo Preseli, cun repertorio único composto pola musicalización dun poema de ValentÃn Paz-Andrade composta polo santiagués Fernando Buide, trasladado a partitura polo compositor e pianista portugués António Victorino DÂ’Almeida. Tamén estará en Tui o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, que xunto ao organista Adrián Regueiro celebra a riqueza musical de España e Portugal a través das figuras emblemáticas do poeta Luis de Camões, e do Apóstolo Santiago, a través de obras de compositores ibéricos. Fóra desa semana pero como parte formal do IKFEM, xa en setembro, o dÃa 6, en Valença actuará a Orquesta Sinfónica de RTVE & Marta Meneses nun concerto que celebra os 50 anos da Revolución dos Cravos. Esta actuación forma parte tamén do programa Mostra Espanha e da axenda cultural transfronteiriza do Ministerio de Cultura español.
Jorge Palma e a nova Orquesta Sinfónica Eurorregión
Un dos eventos máis singulares desta edición será a actuación da icona da música lusa, Jorge Palma, un artista que fusiona influencia clásica co rock'n'roll e a música popular. Palma estará acompañado pola nacente Orquesta Sinfónica Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (OSE), xurdida neste 2024 por iniciativa do IKFEM co ánimo de promover a colaboración transfronteiriza e a cohesión social a través da música e comisariada desde o Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Academia de Música Fortaleza de Valença. A nova formación sinfónica está composta por músicos de 26 municipios a ambos lados do rÃo Miño, e neste IKFEM é ademais protagonista pola súa convocatoria, aÃnda aberta, de residencia artÃstica entre os dÃas 15 e 19 de xullo, cun intensivo taller orquestral de seis horas diarias para integrarse na OSE, que inclúe ademais participar no concerto na fortaleza de Valença acompañando a interpretación en vivo de Jorge Palma. Ata o vindeiro 15 de xuño está aberta esta convocatoria e ata o 22 está tamén aberta a admisión de participantes para a Mostra Creativa destinada a músicos e artistas performativos que queiran exhibir en vivo os seus proxectos na ponte internacional. As entradas para os concertos e as inscricións están dispoñibles a través da web do IKFEM.