O director Tim Miller encabeza o cartel de Mundos Digitales

A Coruña acolle o encontro entre os dias 3 e 5 de xullo coa produción virtual como eixe

Mundos Digitales, o congreso internacional de animación, celebra na Coruña a súa nova edición entre os días 3 e 5 de xullo. Co director Tim Miller como figura máis destacada, a produción virtual preséntase como eixe central desta xeira, que se presentou precisamente no novo plató virtual Coruña Estudio Inmersivo na mañá deste 16 de xuño.

Miller, responsable de producións como Deadpool ou Secret Level será galardoado co Premio Especial do encontro. Canda a el, o equipo completo de Efectos Visuais e Produción Virtual de Netflix en España explicará no evento a súa experiencia e compartir os seus procesos de produción de contidos audiovisuais.

Encargados de proxecto como El Eternauta, Los que van a morir Parenostre ou Rituals & Traditions estarán tamén presentes nesta cita, mentres o CEO de Spatial Voyagers presentará en primicia El Diablo Neo, primera experiencia mundial de realidade mixta integrada nunha atracción que se integrou en PortAventura.

No campo da animación e os efectos dixitais presentaranse títulos recentes como Lilo & Stitch, House of the Dragon ou Adolescence, rodada en plano secuencia.

A Intelixencia Artificial ocupará tamén un protagonismo especial no encontro, onde se presentará a asociación AI Assemble, nada dunha iniciativa promovida por Mundos Digitales. A rede agrupa laboratorios, empresas, profesionais e institucións dedicadas á investigación, o desenvolvemento e a aplicación da IA en contexto de alta especialización científica".