Un cazador de vidas anónimas

O Gaiás abre unha retrospectiva do fotógrafo ucraíno Boris Savelev

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
'Condutora de tranvía. Leningrado, 1979'. Boris Savelev. Cidade da Cultura

'Condutora de tranvía. Leningrado, 1979'. Boris Savelev. Cidade da Cultura

O Museo Centro Gaiás inaugurou a exposición "Boris Savelev. Viewfinder, unha forma de mirar", unha retrospectiva do fotógrafo Boris Savelev (Ucraína, 1947), artista premiado en PhotoEspaña 2024. A exposición, comisariada por Adam Love, explora a obra obtida por Savelev ao longo da Unión Soviética e o mundo, na que teimaba por "revelar a fraxilidade do tecido urbano", en Moscova, San Petesburgo, Nova York, Londres ou Vigo. Son fotos "nos que os detalles transmiten emocións e nos descobren unha realidade poética e complexa". A exposición está formada por 103 fotografías canda material diverso do arquivo persoal de Adam Lowe e Savelev. Coa invasión rusa de Ucraína en febreiro de 2022, Boris Savelev e a súa muller, Natalia Bohomaz, fuxiron de Chernivitsi e refuxiáronse primeiro en Madrid e logo en Cambados e Vigo, onde residen actualmente. A exposición pecha o 2 de novembro.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Museo Centro Gaiás, Cambados, Londres...