FaÃscas é o nome que a organización do Ourense Film Festival lle deu á súa primeira residencia audiovisual. Esta proposta, dirixida a persoas de menos de 30 anos, permitirá ás propostas seleccionadas desenvolver os seus proxectos de filmes, para o que disporán de 5 dÃas de rodaxe e montaxe.
A iniciativa está dirixida a equipos de ata 5 persoas de entre 18 e 30 anos, que teñen ata o vindeiro 15 de agosto para remitir os seus proxectos á organización. Entre 4 e 6 propostas serán seleccionadas e terán a ocasión de desenvolver as súas producións durante o festival, entre o 19 de setembro e o 3 de outubro, con localización na Cidade das Burgas e arredores.
As persoas que participen no certame compartirán aloxamento e comidas nun mesmo espazo e contarán con titorÃas diaria cun profesional do sector, ademais da supervisión dunha persoa designada pola organización durante as rodaxes.
As pezas resultantes competirán por un primeiro premio de 600 euros e un segundo de 300. O xurado valorará, entre outros aspectos, a representación dos valores arquitectónicos, sociais, históricos, artÃsticos, etnográficos ou naturais da cidade de Ourense e os seus arredores, segundo explica a organización.