Artistas e entidades da Mariña deciden crear accións para reivindicar Sargadelos

Partirán de perfís en redes sociais e da elaboración dun mural en Burela

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Diferentes colectivos e entidades vinculadas á cultura na Mariña decidiron emprender unha serie de accións para reivindicar a memoria de Isaac Díaz Pardo e da fábrica de Sargadelos, co obxectivo de "sensibilizar á poboación e a quen corresponda, o que pode supoñer a perda de actividade da fábrica sen esquecer o patrimonio artístico que atesoura". Estes colectivos reaccionan así ante as noticias aparecidas nas últimas semanas sobre as intencións do propietario do complexo. Entre as accións que queren desenvolver, queren promover a elaboración dun mural en Burela sobre Isaac Díaz Pardo. Entre as entidades promotoras están Mariña Patrimonio, A Pomba do Arco ou o Observatorio da Mariña pola Igualdade, entre moitas outras.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sargadelos, Burela, Isaac Díaz Pardo, Igualdade...

Claves

Protagonistas
Conceptos