
Todos os dÃas entre as 10:00 e as 13:00 horas haberá unha sesión do 'Literatour', unha actividade en colaboración cos centros escolares coa que se busca inculcar o hábito lector. A zona de presentación, exposición e venda de libros abrirá todas as tardes a partir das 18:00 horas e ata as 21:00. Na fin de semana o horario amplÃase ás mañás, de 11:30h a 13:30h. Os autores estarán firmando por dÃas en horario de tarde: o martes 10 ás 18:00 horas estarán Paloma Sánchez- Garnica, Juan Gómez-Jurado e Rober Cagiao; o mércores será a quenda dos poetas Andres F. Maneiro, Samuel L. Paris, Clara Pino e Xerardo Quintiá, dende as 19:00 horas; o xoves 12, firmarán Rosa Aneiros, Alonso de la Torre e Máximo Huerta (18:00h); o venres, Joana Marcús (tras a presentación do seu libro, sobre 19:30 horas), Ana Merino e Fina Casalderrey; o sábado, MarÃa Oruña, Juan Tallón, Paula Mayor e Manuel Vilas (19:00h); e por último, o domingo 15 (17:30) será a quenda de Rebeca Stones, AntÃa Yáñez e Inma Rubiales (necesaria reserva de tÃckets online). Tras as sinaturas comezarán as 'Conversas ao solpor' ás 20:30 horas no escenario principal. A programación inclúe unha visita á Illa de Cortegada. Nesta ocasión, será o sábado 14 a partir das 17:30 horas e da man de MarÃa Oruña, que presentará a súa nova novela 'El albatros negro'. Para participar é necesaria a inscrición previa a partir do 2 de xuño na Oficina de Turismo. É de balde e hai 25 prazas dispoñibles.