Unha exposición colectiva das propostas máis recentes da arte contemporánea estatal. Esta é a proposta que abre este 6 de xuño o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) en Generación 2025. A mostra é un proxecto co que a Fundación Montemadrid La Casa Encendida, de Madrid, conmemora os 25 anos do seu proxecto Generaciones, considerado na actualidade un referente nacional na creación artística máis recente.
Álvaro Chior (A Coruña, 1992), Noela Covelo Velasco (Pontevedra, 1994), Tana Garrido Ruiz (Tarragona, 1989), Marina González Guerreiro (A Guarda, Pontevedra, 1992), Isabel Merchante (Madrid, 1999), Mar Reykjavik (Valencia, 1995), Elián Stolarsky (Montevideo, Uruguay, 1990) e Javier Velázquez Cabrero (Madrid, 1990), compoñen a nómina de artistas que un xurado profesional seleccionou para esta mostra e que recibiron cadanseu premio de 10.000 euros.
Os proxectos, segundo indica o MARCO, "comparten narrativas sobre futuros desexables e a IA como produtora de ficción por unha parte e, por outra, o interese pola oralidade, a voz e o canto, así como polo estudio da memoria e a historia do tempo".
Ericka Flórez, artista, editora e comisaria colombiana, Bruno Leitão, comisario e investigador portugués e mais Claudia Segura, responsable da Colección MACBA, Barcelona, foron responsables da selección de artistas desta mostra entre os 300 proxectos presentados. Actuaron o comisariado do proxecto correu en Madrid da man de Andrea Muniáin e en de Vigo Paul Edward Guy. A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 12 de outubro.