A serie Bibopalula estrea versión escénica

A Coruña acolle a primeira función da montaxe este 7 de xuño

4/6/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: espectáculos
52 lecturas | Compartido 0 veces

O proxecto Bibopalula, nado como serie de animación musical, amplíase cun espectáculo ao vivo. O Teatro Colón da Coruña acolle este 7 de xuño a estrea da montaxe da produtora Ainé, que parte dos protagonistas orixinais. A Banda do Bosque enfróntase nesta ocasión á procura dun tesouro, para o que contarán coa colaboración de Ava, unha observadora de paxaros.

Un total de doce cancións xa presentes na serie poderán escoitarse nesta proposta, que se acompañan de coreografías e efectos especiais. Marta Lado corre co texto e coa dirección desta obra protagonizada por Lidia Veiga e que se dirixe a crianzas de entre 4 e 8 anos. A xira continuará ao longo do mes por Santiago o día 8 de xuño, Pontevedra o día 14, Vilalba, o 15, Verín (21), Vigo (22), Cee (28 e Ourense (29).


Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Animación, Teatro, Espectáculo...