O Centro Coreográfico estreará o seu novo espectáculo en xuño

3D tres é a primeira peza baixo a dirección de Mercede Suárez

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

A primeira peza que monta o Centro Coreográfico Galego desde Mercedes Suárez se fixo coa súa dirección xa ten data de estrea. O vindeiro 11 de xuño, o Teatro Colón da Coruña acollerá a estrea de 3D tres, un espectáculo formado por tres pezas enfiadas, Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat. Amaury Lebrun, Tony Fabre e Ángel Rodríguez foron os coreógrafos encargados de cada unha das partes. Suárez anunciou a intención do Centro de levar a montaxe nunha xira que pretende saír de Galicia.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Multiplicarse

Multiplicarse

O Teatro Colón exhibe a nova liña do Centro Coreográfico Galego con 3Dtres, a súa última montaxe

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Mercedes Suárez, Teatro, Centro Coreográfico Galego...