Solos, dúos e movimentos corais para bailarlle á tradición e fusionar cultura popular con danza contemporánea. Baixo este leitmotiv, o Centro Coreográfico Galego presenta AÃnda, unha das súas montaxes da temporada na que evidencia, por riba de todo, a importancia da coreografÃa. O espectáculo chega agora a Santiago (do mércores 7 ao venres 9, 20:30 horas no Salón Teatro) , logo da súa estrea o pasado mes de maio na Coruña, mentras mantén e que ten citas apalabradas por todo o Estado en 2013.
Conflúen en AÃnda dúas pezas con recoñecidos méritos. Dunha banda, Jardà Tancat, a obra coa que Nacho Duato se deu a coñecer no panorama internacional como coreógrafo. A obra, primeira e premiada montaxe de Duato, conta coa música de MarÃa del mar Bonet que cantou e puxo música a centenarios textos populares cataláns. Da outra, AÃnda, unha peza na que un dos discÃpulos de Duato, Amaury Lebroun, traduce xunto con Mercedes Suárez, directora do Centro Coreográfico Galego, a tradición cultural galega e onde a chuvia ten un papel destacado. “Se na de Duato se baila a cultura mediterránea, nós quixemos darlle un contrapunto atlántico” asegurou Mercedes na presentación das actuacións en Santiago.
A montaxe, que ten prevista funcións en Alicante, Elche, Valencia para o ano 2013, chega a Santiago cunha mención especial no Certame Iberoamericano Alicia Alonso, un dos máis prestixiosos do mundo.