Os XVI Premios RosalÃa de Castro de Lingua, que outorga a Deputación da Coruña, teñen desde este 29 de maio a súa listaxe de gañadores. Xosé Ramón Freixeiro Mato, nos galardóns para persoas, a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas!, nos recoñecementos para entidades, e os proxectos CeibaRimas e Galego para peques, galardoados ex aequo na categorÃa de iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade,foron os recoñecidos nesta xeira.
O xurado, presidido pola deputada Sol Agra e formado por Pilar GarcÃa Negro, Mariló Candedo Gunturiz e Arcadio González Nóvoa, salientou o labor dos galardoados na promoción e dignificación social do patrimonio lingüÃstico galego. Cada un dos galardóns, aos que concorreron 32 candidaturas, conta cunha dotación en metálico de 5.000 euros.
Segundo salienta o fallo dos galardóns, Freixeiro Mato destaca "por ser un dos máis recoñecidos especialistas da lingua galega a nivel nacional e internacional, cunha brillante traxectoria desde os seus inicios no mundo do ensino até á actualidade" que "representa unha figura incuestionable na defensa, estudo e promoción social do idioma, con multitude de traballos e actividades con tales encomendas, requirida tanto en congresos para especialistas canto en entidades e encontros de menores dimensións, mais comprometidos co futuro do galego".
De Ponte... nas ondas! á súa vez, valórase "constituÃr unha iniciativa educativa e cultural pioneira que leva promovendo, dende 1995, o uso da lingua galega en contextos reais, creativos e interxeracionais". Segundo o fallo, "a través dunha metodoloxÃa participativa e transfronteiriza, o proxecto consolidouse como unha ferramenta eficaz na valorización, normalización e proxección internacional da lingua galega".
No apartado para iniciativas orientadas a poboación menor de idade, destácase de CeibaRimas, "ser o primeiro e único proxecto de rap improvisado cen por cento en galego, que busca difundir o uso da lingua entre a mocidade, servÃndose sérvese dun ámbito con gran popularidade entre a mocidade, como é o rap improvisado ou freestyle". Canda a este, Galego para peques valórase por ser "un proxecto audiovisual que vén encher un oco moi importante na creación e posta a disposición gratuÃta e accesible de vÃdeos educativos e divertidos en galego para as primeiras etapas da infancia, xustamente a etapa de adquisición da lingua".