A área de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña daba a coñecer este 31 de maio o fallos dos XIII Premios Rosalía de Castro de Lingua. A escritora Maria Canosa foi a seleccionada na categoría de persoas, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) levou o premio no apartado de entidades e o proxecto Brazolinda fíxose co destinado para iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade.
Estes galardóns, que recoñecen "o labor na promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico de Galiza, tanto no ámbito da provincia como a nivel galego" están dotados cun premio de 5.000 euros en cada unha das súas categorías.
O fallo destaca de María Canosa, o "seu compromiso firme coa lingua galega e longa traxectoria, que se reflicte nos premios recibidos e no recoñecemento e impacto social en múltiples ámbitos: escritora, divulgadora etc.". Da AELG, pola súa banda salienta "a súa longa traxectoria, con máis de corenta anos, de compromiso co sector literario galego nos seus diferentes xéneros (poesía, teatro, narrativa, ensaio, escrita científica, traducións... ), fomentando o uso e a defensa pública da lingua".
Finalmente, do proxecto Brazolinda, a resolución apunta o mérito de "non só ter como persoas destinatarias a infancia e o impulso das relacións interxeracionais en lingua galega, senón o fomento da normalización lingüística nos xogos de mesa, un espazo no que o galego non ten moita presenza ata o momento".
O xurado do galardón estivo composto por María Muíño, deputada de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación; Alexandre Marín, técnico de normalización lingüística do Concello de Culleredo; e os representantes de dous dos gañadores do certame en 2021, Carmen Denébola Álvarez, presidenta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, e Carlos Vieito, de Twitter en galego. Desenvolveu o rol de secretaria Dores Sánchez, técnica de Normalización Lingüística da institución provincial.