Renóvase a directiva do Ourense Film Festival

Óscar Doviso asume a dirección artística e Marcos Vázquez na dirección técnica

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Sonia Torre, Candela López, César Silva, Marcos Vázquez e Óscar Doviso

Sonia Torre, Candela López, César Silva, Marcos Vázquez e Óscar Doviso

O Ourense Film Festival renovou o seu equipo directivo. Á cabeza do equipo está o director e produtor Óscar Doviso, tamén director do festival RIP de Allariz, como director artístico, César Silva repite como asesor de programación e Marcos Vázquez, director de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense como director técnico. Nos obxectivos do novo director está que "o OUFF chegue tamén ás novas xeracións", e para iso vaise apostar por "unha linguaxe dinámica" nas comunicacións do festival, unha "programación máis diversa que integre diferentes expresións artísticas" e continuarase incluíndo exposicións e música.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Deputación de Ourense, OUFF, Allariz

Claves

Conceptos
Lugares