A Xunta estuda varias posibilidades para apoiar economicamente o Festival de Cine de Ourense

O seu director denunciou hai unha semana a falta de compromiso da administración autonómica

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

As declaracións de Enrique Nicanor, director do Festival de Cine de Ourense, sobre a supresión de liñas de axudas a estes encontros por parte da Xunta, acaban de ter contestación. O encargado de facelas foi Rogelio Martínez, delegado territorial da Xunta en Ourense, quen explicou que a Xunta estaba estudando diferentes posibilidades para concederlle unha axuda ao festival. Sen embargo, Martínez tamén asegurou que o goberno está a reconsiderar a súa opción ante as declaracións do director do encontro e advertiuno sobre a necesidade de non usar politicamente o festival. Polo demais, o Concello e a Deputación de Ourense incrementarán a súa participación este ano para que a programación se desenvolva con normalidade.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Deputación de Ourense