Falece o músico Xoán Eiriz aos 68 anos

O artista comprometido coa lingua galega deixa ata catorce discos publicados

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaNecrolóxicas
Compartir:
Falece o músico Xoán Eiriz aos 68 anos

O pasado sábado, 10 de maio, falecía na súa cidade A Coruña, o músico Xoán Eiriz (1956) aos 68 anos por unha enfermidade. O músico tivo unha longa carreira musical que comezou discográficamente nos anos 80 e na que hai ata 14 discos publicados, cun repertorio variado no que musicou poemas dalgúns dos máis coñecidos escritores en galego e trouxo para o galego pezas doutros autores, en claro compromiso coa súa lingua e a súa terra. Exercía actividade como profesor de música.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Escritores, A Coruña

Claves

Lugares