O médico e dramaturgo Xerardo Moscoso, un dos fundadores do movemento Voces Ceibe, falecÃa este domingo 22 de maio en Coahuila, México, aos 76 anos de idade. Moscoso, que sumou as secuelas da Covid-19 a unha longa enfermidade previa, acompañara a súa actividade profesional na medicina cun intenso labor cultural vencellado durante anos ao teatro e mais ao ámbito cinematográfico. Fillo de galegos emigrados, Moscoso estudou a carreira en Santiago de Compostela e, en 1968 participou da creación do colectivo Voces Ceibes, que marcarÃa o desenvolvemento da música galega.
Dentro da súa carreira musical, gravou catro EPs e, en 1977 o LP Acción Galega, único da súa carreira. O seu compromiso polÃtico e cultural levouno ao exilio en Francia e suÃza entre 1973 e 1976, e no seguinte ano tivo que voltar a México por problemas coa súa nacionalidade e presións das autoridades. Neste paÃs, logo de participar na industria cinematográfica en diferentes roles, centrou a súa actividade cultural no teatro como ferramenta de transformación social. Nesta liña fundou en Coahuila o grupo La Gaviota, formado por estudantes e persoas de clase obreira. Con esta formación voltou de xira a Galicia en 2007.