O CCG percorre a evolución do papel da muller nas letras galegas nas últimas décadas

O traballo está coordinado pola profesora Helena González

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O CCG percorre a evolución do papel da muller nas letras galegas nas últimas décadas

A coincidir coa semana do Día das Letras Galegas, o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega (CCG) acaba de publicar un novo monográfico titulado "As letras das mulleres". A profesora da Universitat de Barcelona Helena González coordina este traballo que recompila artigos de opinión e documentos de diferentes fontes e que percorre a evolución do papel da muller nas letras galegas durante as últimas décadas. Fotografías, documentos e artigos de opinión ao redor da relación das mulleres con institucións como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e diferentes iniciativas sociais.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Helena González, Mulleres, Consello da Cultura Galega, Igualdade...