Cartel da exposición
Son un conxunto de fotos conmovedoras que xa son parte da Historia de Galicia. Hai cincuenta anos, a fotógrafa Anna Turbau retratou a mobilización social das comunidades rurais polas que pasaba a Autoestrada do Atlántico, e entre elas a parroquia de GuÃsamo (Bergondo). Agora, o conxunto de fotografÃas nas que se documentan as protestas e os enfrontamentos e desputas das veciñas coa Garda civil compoñen a exposición
FotografÃa e compromiso. Unha homenaxe á mirada de Anna Turbau. "O trazado da mesma e a maneira de acometer a súa construción foron a causa de que unha forte oposición popular xenerara enfrontamentos coas forzas de orde pública. As mulleres desempeñaron un papel fundamental plantando cara á autoridade para defender a súa forma de vida", sinala Xosé Luis Mosquera no folleto informativo, "un mundo de labregos daba paso a outra cousa". Durante o proceso de organización da mostra deuse o pasamento sorpresivo de Anna Turbau, pero o fillo da fotógrafa e os achegados aceptaron continuar co proxecto. A exposición inaugúrase esta tarde ás 19 horas no Edificio Sociocultural A Senra (Bergondo).