A asociación de espazos literarios fortalece a súa rede

A Fundación Castelao entra na xunta reitora e inclúese ao hotel Bela Fisterra

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Composición da asemblea Foto: Casa -Museo Manuel María

Composición da asemblea Foto: Casa -Museo Manuel María

Cando aínda no vai un ano da súa asemblea constitucional celebrada en Padrón en xullo de 2024, a Asociación Galega de Casas, Museos, Fundacións e Espazos Literarios (Religa) ven de celebrar unha terceira asemblea, na que foron aprobados os estatutos da entidade e incorporouse a Fundación Castelao á xunta reitora a coincidir co 75.º aniversario do falecemento do histórico escritor, artista e político rianxeiro que é obxecto dun amplo programa este ano. A presidencia continúa a cargo da Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso. Outra incorporación á asociación foi a do Hotel Literario Bela Fisterra, un espazo moi vencellado á actividade cultural, especialmente á literaria. A asemblea, celebrada na casa-museo do poeta Manuel María en Outeiro de Rei (Lugo), serviu tamén para aprobar a estratexia da entidade para o período 2025-2027, que buscará o reforzamento e ampliación da súa rede.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Fundación Castelao, Fisterra, Eduardo Pondal...