Unha semana cultural lembrará a Pondal en Ponteceso

A Fundación que leva o nome do poeta inagurará sede no concello

3/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
27 lecturas | Compartido 0 veces
A Fundación Eduardo Pondal abrirá o vindeiro día 13 de decembro a súa sede na casa reitoral de Cospindo, en Ponteceso. A coincidir con esta inauguración a Asociación Cultural Monte Branco desenvolverá unha semana cultural dedicada ao poeta que se desenvolverá ata o vindeiro día 20. Cada unha das xornadas do evento levará o título dun dos poemas do autor, e na primeira delas presentarase ao público unha ruta pondaliana que percorre lugares vencellados á vida do poeta.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares