Dolores Dopico, directora do Museo da Domus do Mitreo de Lugo, non pode ocultar a súa satisfacción. "Entramos na rede museÃstica da Xunta no nivel máis alto, como museo", explica. Esta vivenda de luxo romana atópase no subterráneo da casa dos Montenegro, o edificio histórico próximo á catedral de Lugo que alberga a sede do Vicerreitorado do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. A USC suma asà outro museo máis á súa oferta tralo Museo da Historia Natural en Santiago de Compostela. A lexislación sobre museos de Galicia divide as instalacións museográficas entre tres categorÃas: centro de interpretación, colección museÃstica e museo. Cada unha delas ten unhas esixencias maiores que a anterior tanto en cuestións de seguridade, preservación de pezas ou as funcións que deben desempeñar. "Aparte da conservación e divulgación do material para que poida ser comprendido por todos os visitantes", explica Dopico, que tamén é profesora de Historia Antiga da universidade, "temos a función da investigación. Está a tese que fixo Celso RodrÃguez Cao e seguimos non só abertos a que se fagan TFMs ou outras teses sobre os materiais atopados, senón que continuamos a realizar análises do xacemento".
A domus foi atopada durante as obras de reforma do pazo de Montenegro e foi exhumada en varias campañas arqueolóxicas durante os anos 2000 e 2007 que permitiron recuperar 600 metros cadrados de sitio, divididos en varias estancias dunha vivenda de luxo en bo estado de conservación, incluÃndo un espazo de culto relixioso doméstico dedicado ao deus oriental Mitra, coñecido como Mitreo. A muralla de Lugo foi construÃda posteriormente sobre a casa, engadindo unha capa histórica adicional ao espazo. A USC abriuna ao público pouco despois da inauguración do edificio rehabilitado en 2010. "No ano 2018 a USC tomou a decisión de convertelo en museo. Renovamos a exposición, desenvolvimos o sitio web, a accesibilidade, e toda a parte de divulgación, didáctica e coloquios internacionais que realizamos", explica Dopico. Na actualidade, co debate ao redor do posible Museo da Romanización que se discute entre o concello e a Xunta de Galicia, a Domus do Mitreo "é un dos museos principais desta cidade", segundo Dopico, quen conclúe, "foi un longo camiño para chegar ata aquÃ".