A nova edición de 'Films from Galicia' presenta 62 novos traballos

O catálogo avanza 48 producións de próxima estrea

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de Filmei paxaros voando de Zeltia Outeiriño.

Fotograma de Filmei paxaros voando de Zeltia Outeiriño.

O novo catálogo de produción audiovisual galega presentada para público internacional Films from Galicia presenta 62 novos títulos, dos que 48 están a piques de se estrear. Trátase de 30 longametraxes de ficción, 21 documentais, 4 obras de animación e 7 formatos televisivos, das que se ofrecen datos básicos e o contacto para a súa venda e distribución. entre os filmes atópanse dous seleccionados para a sección oficial do festival de Cannas, como Sirat de Oliver Laxe, e Romería, de Carla Simón, xunto cos últimos traballos de realizadores como Noemí Chantada, Santos Díaz, Anxos Fazáns, Andrés Goteira, Ángeles Huerta, Lois Patiño, Sandra Sánchez, Ángel Santos, Diana Toucedo ou Alfonso Zarauza.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oliver Laxe, Ángel Santos, Carla Simón, Anxos Fazáns...