A Semana Galega de Filosofía dedica a nova edición ao nihilismo

O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de abril

11/4/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Educaciónsociedade
37 lecturas | Compartido 0 veces

Presentación da Semana Galega de Filosofía

O "clima que existe na sociedade contemporánea, de desacougo, desánimo e incluso de desesperanza", definido como nihilismo, será o eixo central da 41 edición da Semana Galega de Filosofía, que como todos os anos a Aula Castelao de Filosofía organiza en Pontevedra. "Pretendemos combatelo e apostar por persoeiros, posturas e filosofías que nos axuden a ver un pouco de luz e esperanza cara estes tempos que nos tocaron vivir", explican os organizadores, e que contará coas palestras maxistrais de Néstor Boris Kohan, Luis G.Soto, José María Hernández Losada, Márcia Tiburi e Laura Llevandot i Pascual. O prazo de matricula estará aberto até o domingo 20 de abril.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos
Lugares