O novo audiovisual da RAG repasa o onte e hoxe do canto tradicional das mulleres

A serie pódese ver completa no web da RAG

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Participantes na presentación da serie. Foto: RAG

Participantes na presentación da serie. Foto: RAG

A Real Academia Galega presentou a súa nova serie documental vinculada ao Día das Letras Galegas. Se canto é porque eu quero percorre en tres episodios o legado musical das labregas galegas, o papel xogado por Dorothé Schubarth e o Cancioneiro Popular Galego e as recollidas do presente. A serie está realizada por Miramemira por Damián Varela Pastrana e Alba López Álvarez. O presidente da Academia, Henrique Monteagudo, destacou que a serie reivindica "a fala do pobo que mantivo vivo o galego ao longo dos séculos, a enorme creatividade da poesía feita anonimamente e a súa vixencia. Quixemos resaltar a forza viva da tradición dun pobo que segue a cantar porque quere, como di a copla que lle dá título á serie. Como a mocidade está a abrirlle novos camiños con grande éxito". A serie conta con tres episodios: Rosa e Adolfina. As recollidas onte e hoxe, As pandeireteiras de Mens. Da aldea á cidade e Eva Castiñeira. A necesidade de perdurar e xa están dispoñibles en liña.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Henrique Monteagudo, Dorothé Schubarth, Documental...