Rescatado un novo canón de bronce do século XVI no seo de Fisterra

Podería pertencer á flota de Padilla de 1596

3/4/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
38 lecturas | Compartido 0 veces

Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio en colaboración coa policía autonómica e a Armada rescataron na Punta Sardiñeiro un canón do século XVI nun estado de conservación sorprendente. Segundo a Xunta, podería corresponderse co galeón Santa María La Anunciada, parte da flota de Martín Padilla quen, ás ordes de Filipe II, planeaba acudir a Irlanda a apoiar os rebeldes irlandeses contra as tropas de Isabel I en 1596. Unha gran tempestade á altura de Fisterra provocou a perda dun significativo número de barcos na costa da morte. O canón rescatado está feito en bronce e ten dous metros de lonxitude e unha boca de 26 metros de diámetro.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
4 lugares identificados
Claves temáticas
Conceptos