Un equipo de arqueólogos inicia os mergullos na ría de Corcubión

Analizará vinte puntos de áreas marcadas en investigacións anteriores

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Dirixidos polo arqueólogo Miguel San Claudio Santa Cruz, hoxe comezaron no Porto de Fisterra os traballos de prospección arqueolóxica subacuática e de cartografía dos xacementos arqueolóxicos localizados na ría de Corcubión. Estes traballos examinarán polo menos 20 puntos de áreas que xa están marcadas de investigacións anteriores e terán como obxectivo documentar parte dos pecios da flota de 1.596, dos que se teñen localizado ao redor de seis naufraxios da flota ao mando do adiantado de Castela Martín de Padilla.

Temón
1/4
Traballos de arqueoloxía sobre un dos pecios
2/4
Xeringa de uso cirúrxico dun pecio da flota de Padilla de 1596
3/4
As prospeccións: primeiras imaxes
4/4

Esta actuación insírese no convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Cultura para o desenvolvemento do Plan Nacional de Protección do Patrimonio Cultural subacuático. No marco desta actuación inclúense as prospeccións na ría de Vigo sobre os pecios da chamada Batalla de Rande, que se inciarán a vindeira semana.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Corcubión, Naufraxios, Castela, Fisterra...