A Xunta acaba de anunciar o descubrimento dun novo dolmen no concello de Friol. O seu estado de conservación foi calificado de "excelente" pola Administración autonómica, quen destacou que é "un dos dolmens mellor conservados da provincia de Lugo". O achado foi posible grazas á colaboración entre o Departamento de Medio Rural e o a Dirección Xeral de Patrimonio. O dolmen ten unha altura de 1,20 metros e dispón de sete esteos chantados, unha lousa de cuberta e un oitavo chanto que tamén poderÃa corresponder a outra lousa de cuberta. A Xunta realizou labores de limpeza ao redor do monumento e procederá á súa catalogación.