Desbotan a lousa para cubrir os muros das vivendas do castro de Viladonga

O novo sistema permite apreciar mellor a evolución das construcións

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O castro de Viladonga non volverá ter lousa cubrindo os muros das vivendas castrexas, como se podía apreciar ata agora, mesmo cunha cuberta vexetal. Serán substituídos polo uso de pedra e morteiro de cal. Segundo a directora do Museo de Viladonga, Elena Varela, a nova medida permite interpretar mellor as estruturas e observar a súa evolución co paso do tempo. As cubertas de lousa non solucionaran totalmente os problemas de humidade e engadira outros problemas de conservación. Dase a circunstancia de que este cambio chega despois da retirada, en maio, dos telladiños de lousa das estruturas arqueolóxicas do castro asturiano do Chao Sanmartín (Grandas de Salime), que causaran gran controversia na comunidade arqueolóxica veciña.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

culturagalegaTV: Viladonga

O Museo de Viladonga amosa aos seus visitantes unha reconstrución virtual deste afamado castro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Viladonga, Muros

Claves