O premiado documental 'Salvaxe, salvaxe' chega aos cines este venres

Os Cines Cantones da Coruña acollerán este xoves a premiere con presenza do equipo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O premiado documental 'Salvaxe, salvaxe' chega aos cines este venres

'Salvaxe, salvaxe', a primeira longametraxe do cineasta Emilio Fonseca (Ourense, 1978), chega ás salas de cine o este venres 21 de marzo despois da premiere co equipo que terá lugar o xoves 20 nos Cines Cantones da Coruña. A partir do venres 21 e ata finais do mes de marzo o documental poderá verse en CineBaix (Sant Feliu del Llobregat), Zumzeig (Barcelona), Cines Babel (Valencia), Cines Embajadores Río (Madrid), Círculo de Bellas Artes (Madrid), Cines Manhattan (Valladolid), Duplex Cinema (Ferrol), no Teatro Colón da Coruña dentro da Semana do Cine Galego 2025, Cines A Xunqueira (Cee), Cines Broadway (Valladolid), Auditorio de Ribeira, Códex (Lugo) e Numax (Santiago de Compostela).

Este filme achégase ao lobo ibérico desde un cinema "inmersivo e político: un anti-documental de natureza", segundo a súa comunicación. Neste sentido, a cinta ensaia novas imaxes para representar a vida no planeta, superando a tradición do "documental de natureza". 'Salvaxe, salvaxe' está rodada en Galiza e Portugal e conta cun equipo galego e catalán. Ademais de dirixir, Emilio Fonseca é coautor do guión xunto con Xiana do Teixeiro, á vez produtora do filme. A longametraxe foi premiada en eventos como o Festival de Málaga, FICG Guadalaxara, Play-Doc, Alcances, Festival de Cine Internacional de Ourense ou Another Way Film Festival.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito