María Pilar Núñez Sánchez será a nova directora do Museo Etnolóxico de Ribadavia

Colle o relevo a César Llana, que pasa a coordinar o Museo Arqueolóxico Provincial

19/3/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
36 lecturas | Compartido 0 veces
O Diario Oficial de Galicia deste 19 de marzo publica o nomeamento da que será nova directora do Museo Etnolóxico de Ribadavia. María Pilar Núñez Sánchez, que ata o momento traballaba como técnica no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, ocupará o posto. Núñez é autora de moitas das entradas das pezas do mes desta entidade, a contribuír á divulgación do patrimonio que atesoura o centro.
A convocatoria, restrinxida a persoal funcionario de carreira, procuraba unha persoa que substituíse no posto a César Llana. O antigo director foi nomeado pola xunta novo coordinador do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense no pasado mes de xaneiro.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados