O segundo foro de lingua do CCC céntrase na administración e nos servizos públicos

Celébrase mañá xoves 20 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O segundo foro de lingua do CCC céntrase na administración e nos servizos públicos

O foro participativo 'Un país coa súa lingua' que organiza o Consello da Cultura Galega celebra mañá a segunda das súas sesións, desta volta centrada na "administración, xustiza e servizos públicos". Coordinada pola catedrática de dereito administrativo da USC Alba Nogueira e pola vicepresidenta do CCG, Dolores Vilavedra, o foro contará cos relatorios iniciais de Luís Villares, xuíz do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Amoedo, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña e Cristina López Villar, vicerreitora de Igualdade e Diversidade da mesma UDC. Entre o público que participará, falarán Xoaquín Monteagudo, presidente da Irmandade Xurídica Galega, Héctor López de Castro, avogado da CIG, Alberte Souto, conselleiro do Consello Consultivo de Galicia, Anxos Sobriño, técnica superior lingüista da Audiencia Provincial de Pontevedra e membro da directiva da Coordinadora de traballadores de normalización lingüística, Xermán Varela, maxistrado e titular do xulgado de instrución 2 de Pontevedra e María de los Ángeles López Carballo, letrada da Administración de xustiza do xulgado do social número 3 de Lugo. O evento pódese seguir por streaming ou en directo inscribíndose no web oficial.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Dolores Vilavedra, Igualdade, Normalización Lingüística...