Deleiba publican o seu primeiro LP

Tras un EP e varios sinxelos os muradáns presentan "Ao revés do mundo"

10/3/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Nados como banda en 2017, e con temas presentados en EP e sinxelos ao longo destes anos, ademais de actuacións en directo en festivais, os Deleiba tiveron que agardar ata este ano para presentar o seu primeiros traballo de longa duración. 'Ao revés do mundo' (Deleiba, 2025) está producido polo coñecido músico e produtor Iago Pico, que xa colaborara noutras gravacións da banda, e gravado en Pouland Studios. Neste disco de once temas, a formación reúne algunhas das cancións que foi presentando estes anos e outras novas composicións. Todas entran dentro do son punk rock moi achegado ao metal. Con letras en galego sobre todo tipo de temas, desde o social ao íntimo. Nunha das cancións 'Sere-Bros Destruídos' contan coas colaboracións de Monolious Dop e Ula Mayo. O son, baseado en guitarreo ametrallador e contundente, percusión potente e importantes punteos non baixa o ritmo agás nun par de temas máis próximos á balada, pero tampouco o fai de todo, deixando espazo para o seu selo sonoro. O disco está dispoñible para escoita nas plataformas dixitais. A primeira das subidas ao escenario tivo lugar este pasado venres na Sala Sonar de Santiago, para o que contaron coa subida ao escenario do propio Iago Pico. O vindeiro día 14 de marzo estarán na Coruña, na Sala Filomatic.

Que che parece esta nova?
124 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Iago Pico, Rock, A Coruña, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas
Lugares