NAO presenta o duplo EP Soñar-Crear

A primeira parte deste proxecto esta xa dispoñible para libre descarga

20/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Santiago de Compostela acollía onte, 19 de abril, a presentación do novo proxecto discográfico de NAO. Trátase dun duplo EP que, co título Soñar-Crear sae en dúas partes e achega un total de nove composicións novas. En concreto, onde saía á luz a primeira parte, Soñar, que xa está dispoñible para libre descarga no web da banda. O disco, producido e gravado por Iago Pico, produtor dos seus últimos traballos, amosa "probablemente o son máis potente gravado" polo grupo nos seus catro temas. A edición física do mesmo incluirá ademais as versións que fixeron de Venceremos Nós e Porque este soño é necesario para un soño.

A segunda parte do proxecto, Crear sae á luz o vindeiro 26 de abril. Gravado nos estudios Garate co músico e productor Kaki Arkarazo, o álbum inclúe cinco temas rexistrados en analóxico e con colaboracións como as de Luken Arkarazo, a cantante Moraysys Silva ou Lierni Arozena á trikitixa.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nao, Iago Pico, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Entidades