Once composicións de Carlos Gandón e mais catro versións de temas galegos como Xirarei, O tren ou Adeus rÃos, adeus fontes compoñen o novo disco de Astarot. O grupo do Morrazo celebra os seus trinta anos con Séptimo pecado un volume no que alterna galego e castelán e onde os temas propios collen protagonismo. Gravado nos Estudios Musitrón de Madrid, o álbum conta coas colaboracións de Rosa Cedrón e JoaquÃn Padilla. O grupo está a desenvolver este verán a xira de presentación, que os levará a Ribeira (24 de xullo), Cesantes (26), Poio (27) ou Sada (14 de agosto) entre outras datas.