A Asociación de Escritores homenaxea a Pereiro cun poemario

Vivir un soño repetido achega composicións e obra gráfica inspirados no poeta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ilustración de Siro López para a capa de Vivir un soño repetido

Ilustración de Siro López para a capa de Vivir un soño repetido

Membros da Asociación de Escritores en Lingua Galega achegaron a este Día das Letras a súa particular homenaxe a Lois Pereiro co volume Vivir un soño repetido. No mesmo compílanse poemas inspirados polo autor, así como revisións dos seus textos e mais fotografías e ilustracións orixinais. A obra está dispoñible para libre descarga no web da AELG. Entre os autores que participan no proxecto atopamos nomes como Arturo Casas, Baldo Ramos, Cesáreo Sánchez, Siro López, Estíbaliz Espinosa, Helena Villar, Lino Braxe, Lucía Novas, Mario Regueira, Marta Dacosta, Olga Patiño, Ramón Caride, Salvador García-Bodaño ou Siro López.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito