
Secho exerce de ourive dun universo onde o seu facer son notas que viaxan nunha jukebox ao noso rescate. Reivindicando as cousas pequenas, tÃtulo do tema de apertura do álbum no que tamén participa GarciaMC, Secho ofrécenos sóns cálidos e luminosos con arranxos preciosistas, todo cunha atmosfera intimista conducida pola voz cálida e case infantil de Serxio. As letras deambulan entre esas pequenas cousas, o cotián, series de televisión, lembranzas de infancia, ensoñacións e reflexións existenciais das de cada dÃa non exentas de profundidade. Desde un claro achegamento pop o artista transita de xeito natural pola balada country e por un folk de guitarra acústica moi americano, nalgunha ocasión remarcado polo son dunha harmónica ou dun banjo. En todos os temas a factura sonora é preciosista e impecable, feita con mimo. A súa música emerxe como esa compañeira necesaria que pon banda sonora ás nosas biografÃas: constrúe memoria, sentimentos, sensacións, fuxidas, soños e tamén as outras vidas que decidimos non vivir. Secho está aquà para ficar, e sobran os motivos para poder celebralo.