Quiosco: Nalgures 22

A Asociación Cultural de Estudios Históricos publica o seu número de 2024

25/2/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: quioscohistoria
46 lecturas | Compartido 0 veces

A Asociación Cultural de Estudios Históricos publicou o tomo 22 da súa revista Nalgures, correspondente ao ano 2024. Entre os artigos publicados, de gran variedade temática e cronolóxica, podemos atopar un artigo sobre un curioso pleito dun alemán e o seu socio holandés por comercio marítimo en Muxía e Camariñas en 1586, da man de José Enrique Benlloch del Río e José Enrique Benlloch Castiñeira. Deste último autor é tamén outro traballo sobre a presenza de galegos na resistencia francesa. Javier García Gómez estuda o mosteiro de Pravío (Cambre), un pequeno cenobio altomedieval, Ana Romero Masiá estuda novas achegas sobre as espontaneadas en Malpica de Bergantiños na primeira metade do século XXI entre outros moitos contidos.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

29/12/2022

Quiosco: Nalgures nº 20

Publícase o segundo tomo anual da revista da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

29/01/2014

Quiosco: Nalgures IX

A evolución histórica de Muxía ou unha análise de Santa Catalina de Montefaro