Quiosco: Nalgures Tomo XVIII

A revista da Asociación Cultural de Estudios Históricos edita o seu volume de 2021

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cberta do Tomo XVIII de Nalgures

Cberta do Tomo XVIII de Nalgures

A Asociación Cultural de Estudios Históricos comezou a distribución do tomo XVIII da súa revista Nalgures correspondente ao ano 2021. Desta volta, entre outros contidos, Alfonso Daniel Fernández investiga a xenealoxía familiar do pazo de A Rigueira (Ferrol), e Javier García Gómez dentese na xurisdicción e nas relacións socioeconómicas do priorato de San Cibrao de Bribes no século XVIII. Rosario Martínez recupera a figura do publicista e médico ferrolán do XIX José López de la Vega e Ana Romero Masiá detense nas primeiras alumnas do instituto da Coruña. Pola súa banda, María Josefa Sanz Fuentes e José Enrique Benlloch del Río realizan a terceira entrega da súa análise da documentación medieval do priorato de Moraime, publicando o convenio entre este cenobio e os veciños de Muxía en 1338.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Nalgures 22

Quiosco: Nalgures 22

A Asociación Cultural de Estudios Históricos publica o seu número de 2024

Quiosco: Nalgures nº 20

Quiosco: Nalgures nº 20

Publícase o segundo tomo anual da revista da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

Quiosco: Nalgures nº 19

Quiosco: Nalgures nº 19

A revista da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia presenta o seu volume anual

Quiosco: Nalgures tomo 6

Quiosco: Nalgures tomo 6

A Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia presenta hoxe o volume na Coruña

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Muxía

Claves

Lugares