Quiosco: Nalgures nº 20

Publícase o segundo tomo anual da revista da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

Xa está dispoñible para a súa descarga en aberto o tomo XXº da revista Nalgures, publicada pola Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia. A nova publicación correspondente ao segundo semestre de 2022, ofrece dez artigos e unha memoria de actividades. Como nomes propios aos que se dedican algúns destes textos destaca o de Sofía Casanova, a quen Mª Rosario Martínez dedica o artigo " El compromiso de Sofía Casanova con la causa polaca". Outro artigo, asinado por José María López-Dafonte dedica páxinas á traxectoria do profesor francés, Louis Felix Henri Dequidt Gantois (1818-1885) e o seu impacto na Instrución Primaria en Ferrol nos tempos de Isabel II. Dous artigos asinados por pai e fillo, José Enrique Benlloch del Río e José Enrique Benlloch Castiñeiras, dedícanse ao comercio en Muxía no século XVI.

Este volume inclúe ademais dos xa citados, os artigos: "Lealtad a la casa de Austria - A coruña en la Guerra de los Nueve Años, 1688-1697 Levas-reclutamiento", de Arturo Abad Pardo; "Felipe “el de las carrozas”, el último alquilador", por Alfonso Daniel Fernández Pousada; "El priorato de san Cibrao de Bribes en los siglos XIX y XX. procesos desamortizadores y exclaustración", de Javier García Gómez; "Las sombras de la inquisición española proyectadas sobre la villa de monforte de Lemos", asinado por Rosa María Guntiñas Rodríguez; "A inscrição medieval da igreja de Armentón", de José-Martinho Montero Santalha; "Cañones de paz y campanas de guerra: piezas de bronce en el Ribadeo de los siglos XVI-XVIII", por Alberto Paraje Méndez.
NALGURES TOMO XX (PDF).