Quiosco: Nalgures 2016

O número está dedicado a José Luis López Sangil

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:

A voluminosa revista da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia dedica o seu número de 2016 (tomo XII) á memoria do seu antigo presidente José Luis López Sangil, enxeñeiro industrial e historiador. Os numerosos traballos publicados son unha auténtica miscelánea de épocas e fontes documentais. Artigo sobre a neveira de Fixó, a fundación do mosteiro de Pedroso en Ferro, os xudeus e sinagogas na Gallaecia tardoantiga ou tres camiños de Santiago no concello da Estrada, son algúns dos textos aportados neste número de Nalgures. A publicación preséntase hoxe no salón da 3ª pranta do Sporting Club Casino da Rúa Real da Coruña, ás 20,30 h. A presentación correrá a cargo de José M. Bértolo e de José Enrique Benlloch del Río.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Nalgures 22

Quiosco: Nalgures 22

A Asociación Cultural de Estudios Históricos publica o seu número de 2024

Quiosco: Nalgures nº 20

Quiosco: Nalgures nº 20

Publícase o segundo tomo anual da revista da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Concello da Estrada, Gallaecia

Claves

Conceptos
Lugares