
A montaxe recupera a historia a historia de Alex Von Filek, que nos anos 50 conseguiu apoio do franquismo coa seu proxecto de obter combustible da auga, canda á de Heliodoro Rodríguez, que se fixo coñecido nos 90 coa súa gasolina a base de toxo. Estas dúas narracións combínanse coa reflexión sobre a actual vaga de propostas de enerxías renovables, a amosar a problemática da implantación de plantas de xeración eólica no país.
Dirixida por Xosé Leis sobre un texto de Bernardino Martínez, a obra conta con Lucía Veiga, Manu Fernández e Virxinia Bermúdez a encarnar os diferentes papeis dunha trama que parte da comedia para abordar cuestións de actualidade. O proxecto contou coas axudas á Creación Escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais.



