O máis célebre monólogo de Shakespeare chega ás táboas no noso idioma. "Ser, ou non ser...". A data do 17 de febreiro de 2006 promete entrar por dereito propio na historia do noso teatro. Lino Braxe é o encargado de dirixir a primeira representación profesional galega do clásico de Shakespeare, que se estrea este venres. A montaxe conta ademais coa peculiaridade de ser a maior produción teatral privada que teñen visto as táboas do noso paÃs.
"Este é un soño que tiña hai xa moitos anos, pero habÃa que agardar por unha serie de circunstancias que se deron agora", explica Lino Braxe, director e alma mater do proxecto. Entre esas condicións estaba o conseguir apoio financeiro abondo para botar a andar a iniciativa. Rosp Corunna, a Fundación Caixa Galicia e a produtora Recursos Técnicos ArtÃsticos (RTA), foron as principais fontes para reunir os 122.000 euros de orzamento con que conta a obra, entre os que se atopa un subsidio de 30.000 da ConsellarÃa de Cultura. Estas cifras, segundo aseguran os produtores, supoñen catro veces o orzamento medio con que conta un proxecto deste tipo no noso paÃs. "Un ve a cifra e parece moito, pero non é tanto, porque son trece actores, un monte de técnicos e logo a escenografÃa, os escenarios, o deseño de vestiario... Ao final todo se vai en soldos, e para que as persoas que botaron a andar isto non perdan cartos debemos partir con 30.000 euros de máis para ir sobre seguro", apunta Braxe.
Un soño privado
A opción de financiamento privado foi parte do proxecto desde o comezo, segundo asegura o promotor deste proxecto. "Eu son un director freelance. Todos os proxectos que abordei, menos a obra `Fobias´, que tivo apoio institucional, non tiveron subvención. Primeiro porque non me daban nada e segundo porque acabei acostumándome a vivir un pouco asÃ. O que acontece é que sempre o facÃa a un nivel moi pequeno e `Hamlet´ non se podÃa abordar asÃ". Ademais da importancia do factor persoal á hora de tomar esta elección, o director recoñece que lle gustaba "a idea de introducir o teatro galego no mundo do financiamento privado máis potente, pero non por min, senón polo sector. Por abrir un pouco o camiño". A pesar de recoñecer as posibilidades que isto achega ao teatro, Braxe réstalle importancia ao proxecto. "Non penso que isto sexa un fito, unicamente fixemos algo que se leva facendo moitos anos, pero dun xeito un pouco máis grande. Quizais se abran unhas vÃas de negociación que agardo que os meus compañeiros e compañeiras aproveiten". Para abrir estas vÃas, o director sinala unicamente que "foi cuestión de lle botar peito, e logo ter un elenco detrás que lle pode chamar a atención a quen vaia financiar".
Achegar Dinamarca
Tirando a importancia de que este sexa o primeiro Hamlet galego, a un nivel máis artÃstico achamos unha versión da obra que o director quixo actualizar e aproximar ao público. "Todo o que poida achegar esta obra está en relación co que faga o protagonista. Entón é un Hamlet que ten unha enorme morneza na voz e que desprende o calor da súa traxedia ao espectador, polo que penso que vai ser un Hamlet moi próximo, que vai facer moi entendibles as dúbidas e as certezas que pasea pola escena". Comparando coas máis coñecidas versións desta obra, Braxe sinala que "está moito máis preto dunha versión de Richard Burton que dunha de Lawrence Olivier". Ademais do traballo dos actores, o director sinala que tentou darlle á obra un certo ritmo cinematográfico. "Tentei que fose bastante veloz, porque catro horas para un director de hoxe en dÃa e moito e eu reducino a dúas horas e media, aproximadamente". O traslado da ambientación aos meses previos á invasión alemá de Dinamarca na segunda Guerra Mundial é outra das propostas da versión. "Isto permite explotar unha estética do perigo. A estética Nazi, ademais de que visualmente ten un certo atractivo é a estética do perigo. Esa espada de Damocles que está sempre no `Hamlet´ de Shakespeare, o que se achega e vai derrotar o reino, aquà son os nazis, e esa idea ten moita forza". Música de cabaré, bandas sonoras de cine e música clásica aportan a ambientación sonora á historia.
Repartir o reparto
LuÃs Tosar é Hamlet. Manuel Manquiña, Polonio. VÃctor Mosquera, Miguel Pernas, Flor Maceiras, Gonzalo Uriarte ou Yolanda MuÃños, ata trece nomes completan un reparto de luxo para a este proxecto. "Cando un se bota a un asunto asà xa pensa quen son os actores principais. Con outros falei uns meses antes, pero algúns xa sabÃan que pensara neles hai varios anos", explica Braxe. De feito a idea de que o protagonista da obra fose Tosar estaba presente desde a mesma concepción da obra. A necesidade de rendibilizar ao máximo o traballo dos actores, canda á disposición de só cinco horas diarias para ensaiar levou a que se optase por unha fórmula de ensaios que, sen ser pioneira, non é a máis habitual no medio. "FÃxose, como outras veces en Galicia, un ensaio pechado por convocatorias en que só viñan as persoas que interviñan nas escenas e nas que se atacaba unha serie de textos xa preparados e aprendidos".
Máis ritmo
A velocidade dos ensaios foi común a toda a preparación da obra. "Só actores e actrices moi rápidos poden funcionar con este sistema. Eu fun tamén a unha velocidade dirixindo que nunca levara antes, foi algo un pouco tolo", recoñece o director. "AÃnda que se creou unha dinámica na que persoas coma Tosar, Manquiña ou eu mesmo nos sentimos moi a gusto, este ritmo non foi algo premeditado, foi unha cuestión de necesidade". Seis semanas de ensaio, unha delas sen o protagonista, logo un mes de descanso antes de voltar ao texto. "Pódese dicir que eu montei o `Hamlet´ nesas seis semanas. Agora estivemos tentando retomar onde o deixáramos, lembrando as emocións, as sensacións, pero vai todo a unha velocidade que nin o Tour de Francia." Por se o ritmo parece endiañado, hai que lembrar que Braxe está a dirixir ao tempo outra obra de teatro.
Xira pechada, futuro aberto
Logo da estrea na Coruña, a obra percorrerá diferentes cidades do noso paÃs a un ritmo, coma a propia obra, moi intenso. "Temos que partir dunha xira moi pechada, xa que por compromisos persoais dos participantes temos tempo ata o trinta de abril, e aà hai que colocar trinta ou trinta e tantas funcións". De calquera xeito, o equipo non desbota a posibilidade de voltar no futuro ás táboas do noso paÃs cunha segunda xira. Tampouco se descarta a opción de abordar unha tradución para o español da obra. Polo momento, a acollida do público está a ser boa. "Vendo como nos trataron os medios, como se pechou a xira, que o público respondeu comprando masivamente as estradas, que se esgotaron hai tempo para a estra, podemos pensar que isto xa é un éxito", apunta Braxe. "Agora vén que o público nos aplauda". Cantaba Cunqueiro en "Herba aquà e acolá", "Como chove miudiño en Elsinor", teimando na galeguización de Hamlet. E aÃnda que o castelo do prÃncipe continúa en Dinamarca, a unión con Galicia que pregoa ese poema está para se facer, dalgún xeito fantástico, realidade.

Primeiras imaxes do espectáculo
Fonte: RTA
Primeiras imaxes do espectáculo
Fonte: RTA
Primeiras imaxes do espectáculo
Fonte: RTA
Primeiras imaxes do espectáculo
Fonte: RTA
Primeiras imaxes do espectáculo
Fonte: RTA
Primeiras imaxes do espectáculo
Fonte: RTA