A editora Fabulatorio resulta galardoada na Feira do Libro de Boloña

O seu libro Numbers obtivo unha mención nos Bologna Raggazi Awards

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A editora Fabulatorio resulta galardoada na Feira do Libro de Boloña

Os Bologna Raggazi Awards, galardóns que promove a Feira Internacional do Libro Infantil de Boloña, contan nesta xeira cun nome galego no seu palmarés. A editora Fabulatorio obtivo unha mención especial na categoría Toddlers destes premios, que recoñece libros para público de 0 a 3 anos.

O volume Numbers, publicado en nove idiomas, está asinado por Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez con ilustracións de Álvaro Valiño e propón un achegamento lúdico e sensorial aos números. Este é o primeiro libro para público destas idades publicado pola firma viguesa.

O premio supón un importante recoñecemento á editora, xa que cada ano preséntanse a este certame preto de 3.000 libros de diferentes países.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Boloña, Feira do Libro

Claves

Lugares